Mulleres do franquismo nos cómics do século XXI

25 novembre, 2020

Co estalido da Guerra Civil e durante a ditadura en España, as mulleres ven as súas liberdades e dereitos coartados. O espazo que se lles adxudica é o doméstico; e debido ao feito de que a historización se desenvolve no campo do público, as mulleres quedan tamén nun segundo plano no relato histórico. Boa proba disto son os relatos do boom da memoria, período no que se publican miles de traballos audivisuais e escritos que plasman imaxinacións do pasado, e nos que as mulleres protagonistas, aínda que algunhas, son as menos.

O cómic contemporáneo non é diferente ás outras manifestacións culturais, e tamén na historieta histórica as personaxes femininas protagonistas son minoritarias. Porén, xorde nos últimos anos un proceso de reparación que lle devolve a voz ás mulleres nos relatos de memoria. Traballos como Cuerda de presas (2005), de Fidel Martínez e Jorge García, El ala rota (2016), de Antonio Altarriba e Kim e Estamos todas bien (2017) de Ana Penyas, non só pretenden contrarrestar unha narración e iconografía histórica masculinizada que priorizou a perspectiva militar, senón que tamén pretenden denunciar a invisibilización e as violencias perpretradas sobre as mulleres.

No artigo Violencia, corporalidad y simbolismo en la novela gráfica memorialista protagonizada por mujeres Carmela Artime, Montse Gatell e Teresa Iribarren propoñen unha lectura crítica de Cuerda de presas e El ala rota encadrada na intersección entre os estudos da memoria e de xénero. As tres autoras analizan o espazo de representación das mulleres e demostran que o impacto do poder patriarcal e da violencia sufrida nas súas traxectorias vitais represéntase por medio da súa corporalidade. A representación que estes traballos presentan dun corpo feminino agredido, violado e humillado perseguen activar unha resposta ética por parte do lector. O artigo, publicado no caderno 123 de Literaturas gráficas y relatos visuales. Sobre poéticas y políticas de la imagen narrativa  do Centro de Estudios en Diseño y Comunicación, de la Universidad de Palermo, Buenos Aires, argumenta que as obras ilustran ata que punto as relacións de poder interveñen na construción do coñecemento e como a literatura gráfica pode ser un instrumento de oposición e subversión destas relacións desiguais, promovendo, neste caso, a rehabilitación dun imaxinario feminino axentivo.

Carmela Artime, professora i coordinadora del programa de Llengües Modernes de l’Amsterdam University College.

Carmela està escrivint la tesi doctoral Memory in the Spanish Graphic Novel (2005 – 2015): Fiction and Historical Representation

 

(Visited 6 times, 1 visits today)
Autor / Autora
Profesora agregada de los Estudios de Artes y Humanidades de la UOC
Comentaris
Deixa un comentari